Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Aleitar e traballar, responsabilidade de todos

RR_Noticias

As nais que deciden dar de mamar adoitan retirar esta alimentación en torno aos catro meses, coincidindo co remate da súa baixa laboral. Dende a Asociación Maimiña lembran a importancia do leite materno e dos seus beneficios para os bebés, motivo polo que tentan dar resposta e solucións a todas aquelas persoas que buscan conciliar traballo e lactación materna. Hoxe organizan unha mesa debate en torno a esta cuestión no Centro Sociocultural de Redondela (antigo auditorio José Figueroa), ás 18:00 horas.

As casuísticas poden ser interminables: nais que traballan a xornada completa, que traballan a quendas, que teñen horario continuado ou partido, que deciden facer redución de xornada ou optan por sacarse o leite no traballo… pero cuxo obxectivo último é continuar coa lactación materna máis alá dos tres/catro meses, que adoita ser a media na que os bebés deixan de recibir esta alimentación malia que a recomendación da Organización Mundial da Saúde é que os nenos reciban cando menos leite materno ata os seis meses. Cando unha muller decide dar de mamar ten que enfrontarse a diferentes problemáticas, que se agravan coa súa reincorporación ao mundo laboral. Para dar resposta a cada posible situación a resolver dúbidas, a Asociación Maimiña organiza esta mesa redonda na que se contará con experiencias concretas. Unha actividade que organizan co gallo da celebración da Semana Mundial da Lactancia Materna que nesta edición celebrouse baixo o lema “Aleitar e traballar: logremos que sexa posible”. Unha decisión persoal das nais pero na que inflúen múltiples factores motivo polo que tamén se demanda das empresas que sexan máis sensibles cara estas mulleres.  

Ana Orozco vicepresidenta de Maimiña
Unha mesa redonda na que se explicarán experiencias persoais
Conciliar traballo e lactación
Necesario que tamén se impliquen as empresas

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará