Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Concentración no Concello convocada pola Asociación de Afectados pola ampliación da AP-9

RR_Noticias

A Asociación de afectados pola AP-9 convoca unha concentración este venres na praza do concello ás 11:30 horas en protesta pola falta de resposta do Ministerio de Fomento de cara a resolver os problemas dos veciños de Chapela e Rande. Dende o colectivo convocan tamén aos partidos políticos do concello a sumarse a esta mobilización para facer maior presión ante o MInisterio.

Uns veciños que aseguran estar “fartos” do trato recibido tanto pola concesionaria e responsable da obra, Audasa, como por parte dos responsables de Fomento. Logo de meses esperando que se trasladara ao seu avogado a documentación necesaria para resolver os expedientes de expropiación dos afectados agora lles comunican que terán que trasladarse a Madrid para obter esa documentación.  Cualifican de “tomadura de pelo” o trato que están a recibir e anuncia que non dubidarán en intensificar as mobilizacións impedindo o paso de camións ás obras se continúan sen atender as súas demandas.
Nos últimos días están xa a paralizar o acceso de material á zona de traballo no lugar da fonte de A Fraga. Con estas protestas que repiten día tras día queren visibilizar as súas demandas que pasan porque se resolvan de xeito urxente os expedientes de expropiación e se atenda aos veciños que xa están a denunciar fendas nas súas vivendas polo paso constante de vehículos de gran tonelaxe.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará