Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

AER presenta unha batería de propostas ao PXOM

RR_Noticias

A Agrupación de Electores ven de presentar diferentes achegas para que se teñan en conta na elaboración do Plan Xeral de ordenación Municipal que nestas semanas está a dar os seus primeiros pasos da man do estudo de arquitectos Jornet Llop Pastor. Animan aos veciños a participar activamente coa presentación de propostas antes do 3 de novembro.

A empresa redactora, que nesta fase está traballando sobre os documentos iniciais, abriu  un proceso de recepción de propostas e de achegas sobre o Borrador do PXOM e máis sobre o Documento Inicial Estratéxico que vai do 13 de outubro ao 3 de novembro.
Dende AER xa presentaron unha batería de propostas que abarcan cuestións tan dispares como a protección das canles fluviais, da servidume de costas, a avaliación do modelo e localización da EDAR, a potenciación e planificación de sendas verdes, localización de futuros puntos limpos, protexer e identificar correctamente o diferente patrimonio material, contemplar localizacións para escolas infantís e centros de día ou respectar a toponimia local na cartografía que se elabore.
Dende a Agrupación de Electores anímase á veciñanza, tanto a nivel individual como a que se atopa organizada en colectivos, a que fagan achegas do modelo futuro que desexan para o noso concello, tanto a nivel xeral como centrándose nas peculiaridades de cada parroquia.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará