Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Bas lamenta que a reunión da Área rematase sen acordos no reparto de poder e no transporte

RR_Noticias

O peso específico de Vigo no entre supramunicipal e a súa adhesión ao plan de transporte metropolitano, foron os dous puntos que centraron a maior parte da reunión celebrada onte en Vigo e convocada por Abel Caballero. Dous asuntos que se pecharon sen acordos concretos motivo polo que, malia tratarse dunha xuntanza histórica que logrou reunir aos 14 alcaldes implicados na creación da área e a outros cinco interesados en integrarse, o seu futuro segue en punto morto.

A posta en marcha da Área Metropolitana segue sen avances logo da reunión celebrada onte en Vigo convocada por Abel Cabellero e á que asistiron os representantes de todos os concellos implicados, entre eles o de Redondela.  Javier Bas lamenta que a reunión “acabase sen ningún acordo” cuestión da que responsabiliza ao rexedor vigués por non ter dado o seu brazo a torcer en dúas cuestión fundamentais: o plan de transporte e o peso específico de Vigo no goberno metropolitano Respeto do plan de transporte xa en marcha, asegura Bas que todos os rexedores pediron a Caballero que se sumase “invitación que rexeitou alegando que non dará ningún paso nese sentido  mentres non bote a andar a Área metropolitana”. Falta de acordo tamén no peso específico que Vigo debe ter no ente. Mentres Caballero defende que Vigo teña o 45% do voto na xunta de goberno, outros alcaldes defenden o sistema previsto inicialmente que adxudica un voto a cada rexedor. Javier Bas defende tirar polo camiño do medio “é lóxico que Vigo con 300.000 habitantes teña moito máis peso ca outros municipios pero tampouco sería xustificable que Vigo decidirá por todos os demais”. A aposta de Bas pasa por conceder a Vigo algún tipo de dereito a veto.  

Javier Bas alcalde
Lamenta que a xuntanza rematase sen acordos concretos
Plan de transporte
Caballero négase a participar do plan xa en marcha
Reparto de poder
Dereito de veto para Vigo pero que non decida por todos os concellos

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará