Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Curso de formación para familiares de persoas con demencia

RR_Noticias

A Federación de Asociacións Galegas de Familiares de Enfermos de Alzheimer e Outras Demencias (FAGAL) e a Consellería de Traballo e benestar organizan un curso orientado a familiares de persoas cunha demencia. O curso impartirano profesionais do sector sociosanitario e terá unha duración de 8 horas distribuídas en catro días. O número máximo de asistentes será 25 persoas e desenvolverase os días 9, 12, 19 e 26 de novembro no Multiusos da Xunqueira. Inscrición no 986 402608.

O obxectivo é capacitar aos participantes para afrontar os coidados dunha persoa cunha demencia, intentando resolver dúbidas que estes coidadores teñan e establecendo un contacto entre eles.
Nas catro sesións das que consta o curso trataranse temas como: síntomas cognitivos na enfermidade do Alzheimer, trastornos no comportamento, terapias non farmacolóxicas, comunicación coa persoa con demencia ou coidado da persoa coidadora.
O lugar onde se realizará o curso será no Multiusos A Xunqueira nos días 9,12,19 e 26 de novembro en horario de 18:30 a 20:30. Será gratuito e para inscribirse poden facelo no número de teléfono 986402608 en horario de 09:00 a 14:00 horas.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará