A neveira-galería de arte bautizada como Miínima expresión que se atopa ás portas do local Discotasca na rúa Paí Crespo renova hoxe a súa proposta artística cunha instalación titulada Confutatis Maledictis a cargo do artista vigués Ricardo Álvarez “O Indio”. A inauguración performance terá lugar ás 21:00 horas de hoxe cunha proposta sorprendente á que están convidados todos os veciños.
Unha inauguración que virá acompañada do espectáculo “Codazo trepador” coa intervención de O Indio acompañado doutro artistas multidisciplinar, Rodolfo Mcgüyver.