Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Ambulantes, alcaldes e Subdelegación buscan unha saída á problemática das feiras

RR_Noticias

Os altercados rexistrados en varias feiras como consecuencia do enfrontamento entre dous grupos de vendedores de etnia xitana levou ao Subdelegado do goberno a convocar aos alcaldes de 19 concellos para tentar buscar unha postura conxunta. O presidente dos ambulantes Francisco Romero Alvite, insiste en que a solución non pasa por suspender as feiras “así o único que se consegue è asfixiar economicamente aos que de xeito legal desenvolvemos esta actividade, o problema arránxase aplicando a normativa e evitando que as mafias se apoderen dos postos”. Critica que no acontecido en Redondela as ameazas procedentes do clan de Los Morones se resolvese coa identificación dos agresores e o levantamento dos postos dos agredidos “faltou unha actuación policial que garantise aos ameazados que puideran seguir desenvolvendo a súa actividade”.

Romero Alvite reclama “valentía política por parte de alcaldes e subdelegación do goberno para aplicar a normativa, controlar os postos dos feirantes e evitar así a actuación das mafias”. De feito, recoñece que en Redondela si se está a aplicar a normativa e insiste en que o acontecido na feira do pasado día 6 foi “un ataque racista provocado por un grupo violento que en ningún momento foi reducido pola policía”. Lamenta a actuación policial que se reduciu a “identificar aos violentos e convidar aos agredidos a deixar de desenvolver o seu dereito ao traballo”. Pregúntase tamén que se vai facer co nesas identificación e solicita ao concello que se persone xudicialmente nesta causa par que os agresores non queden impunes. O representante dos ambulantes amosa a súa satisfacción ante a reunión de mañá convocada pola Subdelegación do goberno e promovida inicialmente polo alcalde de Cangas. Están chamados a esta xuntanza un total de 19 rexedores de concello afectados, entre eles o de Redondela, co obxecto de abordar a problemática e adoptar unha iniciativa común. Por outra banda critica a decisión de moitas localidade e sobre todo de Vigo de suspender os mercadiños “unha medida que o único que serve é para asfixiar economicamente aos ambulantes que se dedican legalmente a esta actividade”.  

Francisco Romero Alvite Asociación galega de ambulantes
Critica que a policía non defendese os intereses dos ameazados no acontecido en Redondela
Solución
Controlar as autorizacións e aplicar a normativa bastaría para reconducir a situación
Reabrir as feiras
Critica especialmetne a actitude adoptada polo alcalde de Vigo Abel Caballero

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará