Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A confraría fleta autobuses para participar na manifestación do cerco por un reparto xusto

RR_Noticias

O cerco galego esixirá o domingo en Santiago un reparto xusto para a flota nunha manifestación que partirá ás 11:00 horas dende a Praza de Santiago e que acabará ante a Xunta, no campamento que os armadores manteñen dende hai tres semanas fronte San Caetano. A reserva de prazas pódese facer vía telefónica no número 986 405099. Unha protesta que se une a outras iniciativas como as reunións políticas mantidas esta mesma semana en Bruxelas encamiñadas a lograr que se corrixa o reparto de cotas actual, baseado en históricos de capturas e se adopte un “máis xusto” que se fixe por tripulante e barco.

O presidente da Asociación provincial de armadores de Cerco de Pontevedra, José Saavedra, confía en que a mobilización sexa multitudinaria por tratarse do futuro dun sector que da traballo a moita xente en toda Galicia. Anima aos veciños a acudir e apoiar a todas esas persoas de Redondela que tamén teñen nesta pesca o seu xeito de vida “armadores e tripulación dun total de 20 barcos”. Logo dunha semana intensa tras reunirse en Bruxelas con diferentes representantes de pesca asegura que “a sensación foi boa” e confía en que esa visita serva para que dende Europa presionen tamén ao goberno español para que se sente a negociar”. Nese sentido nas últimas horas deuse a coñecer que a Ministra de Pesca, Isabel Tejerina abriu a porta a renegociar o reparto. Con todo condicionou esa negociación “a que a proposta aglutine o maior consenso e conte co apoio de todo o cerco”. Saavedra confía en que o traballadores do cerco acaden o mesmo éxito que os do xeito, quen esta mesma semana recibían a noticia de que Europa non prohibirá esa arte tal e como estaba previsto inicialmente. Unha vitoria política e social que esperan repetir tamén na loita que dende hai anos mantén a flota de cerco.  

José Saavedra presidente cerco Pontevedra
Anima aos veciños a acudir a manifestación de Santiago
Postura do MInisterio
A ministra para abrir a porta
Seguir os pasos do xeito
Unha arte que poderá seguir practicándose grazas á presión política e social

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará