A reunión dos 19 municipios afectados polos altercados que se están a vivir nas feiras da contorna deixa dous acordos principais: por unha banda a subdelegación do goberno comprométese a reforzar a seguridade con maior presenza policial, por outra adecuaranse as ordenanzas dos diferentes municipios para evitar que haxa mafias que controlen os postos, un aspecto no que Redondela vai pro diante respecto doutras localidade. Dende a Asociación de Ambulantes de Galicia reclaman que se retome a activiade en todos os mercadiños e critican que Vigo manteña a suspensión.
O subdelegado do goberno Antonio Coello asegurou logo da reunión mantida con 19 representante doutros tantos concello de toda a provincia que “se fará cumprir a lei” e que os implicados nos altercados vividos en feiras de Cangas, Redondela e Vigo entre clans de etnia xitana serán perseguidos e sancionados. Nese sentido incrementarase a vixilancia policial cun maior número de efectivos tanto da garda civil como da propia policía nacional que apoiarán aos membro da policía local en cada un dos municipios. Nalgúns concello coma o de Vigo continúan suspendidos os mercadiños mentres a seguridade non estea garantida na súa totalidade. Dende a asociación galega de ambulantes o seu presidente Francisco Romero Alvite esixe a reapertura de todas as feiras por entender que suspender os mercadiños apra o único que serve é para asfixiar economicamente aos ambulantes que se dedican legalmente a esta actividade.