Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

I Pasarela “Redondela Style” en Reveriano Soutullo

RR_Noticias

Varios comercios con sede na contorna desta praza organizan mañá venres ás 18.30 horas un desfile con animación e música co obxecto de fomentar o comercio local e promover tamén esta zona do casco vello. Participan desta iniciativa os locais de moda infantíl Mandamama e Regalizregaliz, as tendas de calzado Scarpa e Susuela, o establecemento de roupa Aurora e o salón de beleza Begoña Villaverde.

Unha actividade de promoción na que non faltará un Photocall, sorteos, descontos especiais para os clientes que fagan as súas compras nesa xornada e incluso champán para pórlle burbullas e alegrías a esa tarde noite de venres. Os usuarios de Lenda serán os encargados da presentación do evento así como de coordinar o aspecto musical do desfile. Unha pasarela na que os comerciantes sacarán á rúa a súa moda e os clientes poderán beneficiarse de promocións especiais.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará