Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Campito afiánzase nos postos altos da clasificación

RR_Noticias

A vitoria da fin de semana ante o Baíña (6-3) mantén ao equipo de Chapela na segunda praza da clasificación, a tan só dous puntos do líder, o Cereixa Gondomar. Non correu a mesma sorte o outro equipo de Chapela que milita na Autonómica Sur, o Arealonga, un equipo que caía ante o Lume Bamboo nun partido con moitos goles e que rematou con vitoria para os locais por 7-5.

O fútbol sala continúa deixando alegrías en Chapela. Os dous equipos desta parroquia continúan nos postos altos da táboa, o Campito segundo e o Arealonga na cuarta posición. O Campito xogará ademais na vindeira semana un partido de máxima rivalidade, será co seu inmediato perseguidor o Tui Fútsal. Desprázanse os de Chapela ao pavillón Novo de Tui onde xogarán o sábado 28 ás 17:00 horas. Pola súa banda o Arealonga na próxima xornada xogará con A quinta de Tui.
Xornada de descanso esta fin de semana para o RedondelaFS, logo de aprazarse o partido que debía disputar ante o Mondaríz. O vindeiro sábado xogará na Bomboneira, recibirá ao Bar Praza Garcíaraujo.com.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará