A Concellería de Medio Ambiente de Redondela ten previsto celebrar unha actividade de observación de aves no Espazo da Rede Natura de Soutoxuste, acompañada dunha ruta guiada dende a praia de Cesantes ata o espazo natural. Os participantes sairán ás dez da mañá dende o areal o vindeiro sábado 28 de novembro. Cómpre inscrición previa no enderezo estela@estela.info
A actividade consiste nunha ruta guiada dende a praia de Cesantes na que se efectuarán diversas paradas interpretativas para observar aspectos vinculados coa historia, o patrimonio e a natureza da costa redondelá. Ao chegar ao Espazo Natural de Soutoxuste, a empresa organizadora terá instalados unha serie de telescopios e prismáticos que permitirán, aos participantes na ruta, observar a riqueza e variedade de aves do lugar. Trátase dunha actividade completamente gratuíta, para todos os públicos (maiores e pequenos), e para participar só é preciso anotarse no seguinte enderezo electrónico estela@estela.info. Para calquera dúbida podedes chamarnos ao 986 126 165. O número de prazas está limitado a 30 persoas e aconséllase aos participantes acudir con clazado cómodo, axeitado para camiñar, e roupa de abrigo.