Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Campito accede ao liderado na Autonómica Sur logo de vencer ao Tui Futsal

RR_Noticias

O Campito FS é o novo líder da autonómica sur logo de vencer por 3-5 o partido disputado no campo do Tui Futsal. Peor sorte correu o Arealonga, equipo que perdía 2-3 ante A Quinta de Tui.  Pola súa banda, o Redondela estreaba adestrador e facíao cunha avultada vitoria, 7-3 ante o Bar Praza-Garcíaaraujo.

Logo de moitas xornadas aspirando ao liderado da categoría, o equipo de Chapela lograba por fin superar ao Cereixa en número de puntos e situarse no primeiro posto da clasificación. Unha importante vitoria a desta fin de semana xa que lograban vencer en campo contrario e ante un rival directo, o Tui Futsal. Partido que rematou co resultado de 3-5 e que ascende aos de Chapela a primeira praza da autonómica sur.
Un liderado que a vindeira semana o Campito defenderá no pavillón municipal de Chapela ante o Arealonga. Interesantísimo derbi no que o Arealonga tamén ten moito polo que loitar. Aspiran a seguir neses postos altos da categoría. Son cuartos logo de sufrir un pequeno revés esta fin de semana ao caer 2-3 ante A Quinta de Tui. Unha cita salientable para todo os afeccionados ao fútbol sala de Chapela que se disputará o sábado 5 ás 17:30 horas.
Pola súa banda o Redondela lograba vencer nesta xornadas ao Bar Plaza GarciaAraujo cun avultado 7-3. O equipo, baixo a dirección do seu novo adestrador Juan Manuel Nogueira tenta mellorar resultados e enfróntase na vindeira xornada ao Verín Futsal.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará