Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A duna de Cesantes perde area

RR_Noticias

O BNG reclama medidas para evitar a perda de area no entorno da Duna na praia da Punta e critica ao goberno local por desenvolver unha política “agresiva neste espazo”, coa construción de balados no propio litoral ou a instalación dun contedor que pretendía fora permanente, na vez de acometer actuacións beneficiosas para o areal. Alertan de que esta situación podería agravarse coa chegada do inverno.

O BNG amosa a súa preocupación pola perda de area no entorno da Duna e acusan ao goberno local de preocuparse por “desenvolver actuacións de grande repercusión mediática, mais de escaso ou nulo impacto social, económico ou medioambiental”. Neste sentido apuntan que todas as actuacións desenvolvidas no areal de Cesantes están a prexudicar o equilibrio natural da zona. Poñen como exemplo “a construción de balados que están a acelerar a perda de area, a instalación dun contedor que pretendían fora permanente, pasando por permitir que se ocupe parte da Praia en determinadas festas ou o abandono do entorno da Duna da Punta” .
Fan fincapé os nacionalistas na situación da duna que, segundo explican, comezou a degradarse “coa vaga de temporais de hai dous anos que provocou unha fenda que paulatinamente foi erosionando este punto da praia”. Critican que neste período non se acometesen actuacións concretas para recuperar a praia e que “o goberno local se dedicase unicamente a desenvolver obradoiros e panfletos, mais ningún tipo de actuación concreta que mitigara a acción das mareas”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará