A cabeza de lista de Nós Candidatura Galega por Pontevedra, Carme Adán, visitou na tarde de onte o colexio de Quintela, con moitos problemas de accesibilidade e deficiencias, e escoitou aos afectados en Chapela polas obras de ampliación da AP-9 coa problemática por resolver. Na súa visita a Redondela achegouse tamén a recén inaugurada “estación ferroviaria pantasma, sen persoal e con escasos servizos”.
Carme Adán visitou o colexio situado na parroquia de Quintela, con graves problemas de accesibilidade, xa que o autobús escolar incluso debe conducir marcha atrás para poder chegar ao centro educativo, o que supón un riso enorme para os nenos e nenas deste centro educativo. Ademáis, o CEIP de Quintela ten importantes deficiencias no seu teito, feito con material vello que contén amianto.
A candidata tamén estivo na recén inaugurada estación ferroviaria do AVE en Redondela, “obxecto de grande propaganda por parte de Ana Pastor hai uns meses coa súa inauguración”. Unha estación que Carme Adán definiu como “pantasma. Non hai persoal, e se queres mercar un billete vas listo porque só hai unha máquina e que como todas as máquinas pode fallar”.
Lamentou que “teñamos unha infraestrutura desta índole para desaproveitada, que apenas conta con servizos ferroviarios. Só hai tres frecuencias cara o norte, e outros tres cara o sur. E non se formulan usos complementares posto que se podería aproveitar para servizos ferroviarios puidesen funcionar como uns servizos de proximidade. Sería unha maneira de potenciar un medio de transporte máis respetuoso co medio ambiente”.
Por último, a candidata de Nós mantivo unha xunta cos afectados en Chapela polas obras de ampliación da AP-9, que pediron unha nova ponte en Trasmañó para dar acceso aos veciños. Ademais do urxente traslado do colexio Igrexa, pegado á autoestrada e afectado pola ampliación. Asemade, demandaron a urxente resolución das expropiacións pendentes. Outra das cuestións que salientaron foi a necesidade de traballar por unha AP-9 libre de peaxes e gratuíta, posto que lles afecta d
Carme Adán comprometeuse cos veciños a levar todos estes temas ao Congreso.