A iniciativa, promovida dende a Consellería de política social, busca que as persoas maiores de 60 anos que se atopan soas nestas datas poidan gozar dun nadal en compañía. O programa desenvolverase na residencia de tempo libre de O Carballiño en Ourense entre os días 23 de decembro e 2 de xaneiro. Os interesados deben inscribirse na oficina de servizos sociais de Pazos de Borbén en horario de 9:00 a 14:00 horas antes do 20 deste mes. Tamén poden informarse no teléfono 900 333 666.
Este programa ten como obxecto promover o envellecemento activo e a convivencia e está destinado ás persoas maiores que se atopen soas nestas datas, xa sexa por carencia de familiares e amigos, a perda do seu cónxuxe ou por outras circunstancias. Ofrécense un total de 240 prazas para toda Galicia, 120 na residencia de O Carballiño lugar ao que irán os residentes en Lugo e Pontevedra.
A estancia nesta residencia será de once días con aloxamento en réxime de pensión completa e os usuarios pagarán un máximo de 50 euros.