Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Música, teatro, cine e obradoiros infantís na programación de Nadal de Soutomaior

RR_Noticias

En total 15 propostas orientadas a todas as idades e preferencias que arrancarán o sábado 12 coa obra de teatro cómico Xamón, Xamón a cargo do grupo Tirinautas Teatro ás 20:30 horas liderada polo coñecido actor José Manuel Puente “Isi”. Unha actividade que se desenvolverá no Multiusos de Arcade ás 20:30 horas. O público infantil e xuvenil gozará como novidade dun campamento tecnolóxico centrado na ciencia, a tecnoloxía, robótica e videoxogo, o “Tecnocamp”, os días 21, 22, 28 e 29. Os interesados deben inscribirse antes do 11 de decembro.

O venres 18, a partir das 19:00 horas, o Club de Patinaxe Artística Soutomaior ofrecerá no pavillón da Montesiña o seu festival de patinaxe e dúas horas máis tarde, ao redor das 21:00 horas, a actividade volve ao multiusos de Arcade. Nesta ocasión coa celebración do clásico Festival Xuvenil da Solidaridade, un evento repleto de espírito do Nadal para anticipar a chegada das festas.
Ao día seguinte, o sábado 19, celebrarase no multiusos a entrega de premios do concurso municipal de postais do Nadal, un acto que contará coa animación do grupo de teatro infantil “Falabaratas”.
A semana grande dos festexos do Nadal centrará as súas actividades nos máis pequenos e as súas familias. Para comezar, os luns 21 e 28 de 18:00 a 19:30 horas, todos os nenos, maiores de 2 anos e que se inscriban na OMIX antes do día 17, gozarán dun divertido taller de modelado de arxila “Jumpingclay” no que acompañados dun adulto moldearán os seus propios adornos do Nadal.
Ese mesmo día tamén dará comezo TECNOCAMP, un campamento tecnolóxico de nadal centrado na ciencia, a tecnoloxía, robótica e videoxogos. Esta actividade está dirixida a nenos de 4 a 17 anos e celebrarase os días 21, 22, 28 e 29 desde as 09:00 ás 13:30 horas no multiusos de Arcade. O prazo para inscribirse termina o 11 deste mes e a actividade ten un custo de 20 euros para os empadroados e de 60 euros para o resto de participantes.
O martes 22 ás 19:00 horas, a maxia encherá o multiusos de Arcade grazas á actuación do Meigo Marco e o seu espectáculo “Maxia en familia”. O sábado 26 será un día dedicado ao teatro grazas á Asociación Cultural Pedro Madruga e o seu teatro cómico.
A música e o baile volverán o domingo 27, ás 12:30 horas, coa celebración do Concerto de Nadal de man da Banda de Música Artística de Arcade. Pola tarde, a partir das 18:30, terá lugar o tradicional Festival Solidario a favor de Cáritas Arcade con actuacións e demostracións de grupos deportivos locais.
As últimas propostas para o 2015 chegarán o martes 29. Ás 18:00 horas os máis pequenos da casa poderán gozar dunha nova sesión de cinema infantil no multiusos de Arcade coa película “Inside Out”. Pouco despois, ás 18:30 horas, terá lugar a “Quedada para despedir o ano”, unha proposta para o público xuvenil que contará coa actuación musical dun DJ e do grupo Cloverclap, ademais talleres de break dance, cake pops e cócteles sen alcol. O custo da entrada é de 1 euro e só poderase acceder coa entrada anticipada que xa está á venda na OMIX.
Actividades 2016
Para comezar da mellor maneira posible o 2016, o día 5 de xaneiro ás 16:30 horas no edificio Multiusos, o mago Richard fará as delicias dos pequenos da casa mentres esperan á chegada dos Reis Meigos, que chegarán pouco despois cargados de agasallos e doces para todos.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará