Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Construcións Castro Chapela mantén o liderado logo da vitoria na pista do Luceros

RR_Noticias

Triunfo para o equipo de Fran Teixeira e tamén para a SAR Plastic Omnium, que goleou ao Ártabro. Na División de Honra Feminina vitoria do Chapela e derrota da SAR. No fútbol a xornada de Terceira División xógase mañá martes en Santa Mariña co encontro Choco-Ribadumia. Ás 17.00 horas.

Balonmán Primeira Nacional
Luceros 22-29 Castro Chapela
Os de Chapela defenderon con solvencia o liderado ante o Luceros, e foron superiores ao seu rival durante todo o partido. Os de Fran Teixeira seguen empatados a puntos co Xiria, que tamén venceu no seu encontro ante o Pontevedra. A próxima fin de semana o Chapela recibe ao Bueu, situado na metade da táboa.
Ártabro 21-42 SAR Plastic Omnium
Superioridade total dos homes de Carlos Rey, que non deron ningunha opción ao Ártabro, penúltimo clasificado. Goleada de escándalo e sen paliativos que serve aos redondeláns para consolidarse no ecuador da táboa. Máis difícil o terán na próxima xornada, cando reciban na bomboneira ao Xiria, colider do campionato.
División de Honra Prata feminina

Seis do Nadal 30-24 SAR Rodavigo
As redondelás tentárono en Vigo, pero non foron quen de deter ao Seis do Nadal, un dos equipos máis fortes do grupo. Logo deste encontro a SAR é sétima. Na próxima xornada xógase o derbi local entre SAR e Chapela.
Rodosa Chapela 22-17 Camargo
As de Chapela suman a súa segunda vitoria consecutiva ante o Camargo, un dos pechacancelas do grupo.
Fútbol Terceira División
Os compromisos da selección galega obrigou a aprazar a xornada de liga esta fin de semana. O Choco – Ribadumia xogarase na xornada festiva de mañá martes. Os redondeláns, na 7ª praza do grupo, reciben en Santa Mariña a un dos equipos máis febles do campionato, o Ribadumia, penúltimo clasificado. Ás 17.00 horas.
Segunda Autonómica
Pereiró – Choco B: aprazado. Próxima xornada o filial do Choco recibe ao Vitoria, co que están empatados a puntos na metade da táboa.
S. Miguel 4-0 Chapela
O Chapela non foi quen de seguirlle o ritmo a un dos equipos máis fortes do grupo, o S. Miguel. Quedan os redondeláns na quinta praza, e na próxima xornada reciben ao Matamá, un posto por baixo.
Terceira Autonómica
No grupo 14 non houbo xornada de liga esta fin de semana. O próximo encontro será o derbi comarcal Arcade – Cesantes. O Cesantes chega ao partido afundido na parte baixa da táboa, mentres que o Arcade é o segundo clasificado.

Beretes Chapela 5-3 Fortuna
Dous goles de Abalde, un de Miguel, outro de Enrique e un último de Jesús, deron o triunfo ao Peña Beretes, nun partido moi traballado. É a segunda vitoria do equipo de Chapela, e sobre o mesmo rival que na primeira ocasión, o pechacancelas Fortuna. Na próxima xornada xogan no campo do Mosende.
Oiense 2-1 At. Vilar
Os redondeláns manteñen a terceira posición malia a derrota. Na próxima xornada reciben ao C. Areas, da metade baixa da táboa.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará