Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Choco imponse ao Ribadumia nos últimos minutos

RR_Noticias

Segundo triunfo consecutivo dos de Marcos Montes, que consolida a súa recuperación, logo dunha xeira de resultados negativos. Os últimos seis puntos serven aos redondeláns para afrontar con tranquilidade o complicado final de ano que lle depara o calendario, con visitas ao segundo e terceiro clasificados, Barbadás e Rápido de Bouzas, respectivamente.

Terceira División
Choco 2-1 Ribadumia
O conxunto redondelán recuperou onte a súa mellor versión e adiantouse no marcador aos 19 minutos. Con todo, a expulsión de Xosé Ramón no min.37 meteu no partido a un Ribadumia que empatou antes do descanso por medio do veterano Changui. Na segunda parte, o Choco foi mellor e a súa superioridade aumentou cando o visitante Pacheco viu o cartón vermello e a igualdade numérica volveu ao campo. O premio chegou no último suspiro co tanto de Óscar Pérez. Un resultado que mantén ao Choco a tres puntos da zona de promoción de ascenso.
Choco: Cortegoso, Cristian, Muíños, Yago Vázquez, Gándara, Alberto Suárez (Fernando, min. 74), Fernán (Comis, min. 60), Xosé Ramón, Silva (Óscar Pérez, min. 68), Hugo, Félix.
Ribadumia: Javi Sánchez, Pacheco, Fajardo, Bugallo, Aram, Jon (Gabi, min. 46), Hugo (Agus, min. 73), Matogueiras, Paco (Silva, min. 86), Changui, Nando.
Goles: 1-0, min. 19: Silva; 1-1, min. 45: Changui; 2-1, min. 88: Óscar Pérez.
Árbitro: Pereira Ferreiro. Expulsou por dobre amoestación a Xosé Ramón (min. 34) e a Pacheco (min. 74). Mostrou cartolina amarela a Bugallo, Jon, Gabi e Nando.
Incidencias: Partido disputado no campo de Santa Mariña ante uns 400 espectadores.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará