Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Soutomaior volve ás normas subsidiarias do 89 dous anos despois da aprobación inicial do PXOM

RR_Noticias

Pasaron dous anos dende que o 13 de novembro do 2013 o pleno do concello de Soutomaior sacase adiante, cos únicos votos a favor do PP que goberna en maioría, a aprobación inicial do Plan Xeral de Ordenación Municipal. Superado ese período máximo no que un concello pode estar en suspensión de licencias sen terse aprobado o documento de xeito definitivo, este municipio volve rexerse polas normas subsidiarias do 89 . Dende o BNG critican que “o goberno local manteña aos veciños nunha situación de inseguridade urbanística, sen saber se nas súas parcelas poden edificar ou non”.

Explican dende o BNG que a aprobación inicial do novo Plan de urbanismo foi unha aprobación moi polémica xa que o PP aprobouno en solitario. Despois desta aprobación inicial, Soutomaior entrou no período de suspensión de licenzas (no que había que cumprir cos dous plans) e que obrigaba aos veciños á cumprir coas dúas normativas (a antiga e a nova) para facer calquera construción. Isto facía que na práctica, obter unha licenza urbanística en Soutomaior fose unha odisea, xa que as limitacións que impuña cumprir cos dous planeamentos, facíao case imposible. Iniciouse tamén a fase de alegacións que durou dous meses e na que o concello recibiu máis de medio milleiro de alegacións por parte dos veciños.
O período de suspensión de licencias, que tiña unha duración máxima de 2 anos expirou o pasado 13 de novembro. Nese sentido,o portavoz do BNG Manu Lourenzo, sinalou que en dous anos os veciños tiveron tres situacións urbanísticas diferentes. Os veciños xa non saben se as súas parcelas serven para edificar ou non. E isto está a prexudicalos de xeito moi importante tanto a eles como as pequenas empresas e aos profesionais que viven das reformas e da construción.
Aseguran os nacionalistas que Agustín Reguera culpou desta situación ao retraso do expediente de patrimonio “como acontece en moitos outros concellos”, ao que o voceiro do BNG Manu Lourenzo respondeu  que a diferenza do que aconteceu neses lugares, en Soutomaior o alcalde nin sequera informou aos veciños de que a suspensión de licencias rematou,e que moitas parcelas cambiaron a súa cualificación urbanística.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará