O Centro Recreativo Cultural de Redondela acolle hoxe mércores día 16 ás 20:30 horas a presentación da campaña de emprego de Cáritas cunha charla informativo a cargo da orientadora laboral da organización Rita Jiménez. Unha actividade na que colabora a Asociación de Empresarios de Redondela.
Un acto que contará coa presenza do secretario xeral de Cáritas diocesana de Tui-Vigo, José Antonio García e o coordinador do observatorio das ocupacións da Dirección Provincial del SEPE, Ismal Rego quen impartirá unha charla na que falará das bonificiacións ás que poden acceder as empresas na contratación de traballadores.
As nove a orientadora laboral Rita Jiménez será a encargada de presentar a campaña Cáritas é emprego, cáritas é confianza. Ao concluír a presentación servirase un viño español.
As persoas interesadas en asistir poden confirmar no teléfono: 986.443.310 ou vía correo electrónico: empleo@caritastui-vigo.org