Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Reunión da Confraría para explicar a súa postura contra o anteproxecto da Lei de Acuicultura

RR_Noticias

A Confraría de Redondela convoca hoxe a todo o sector a unha reunión que se celebrará ás 18:30 horas no Centro Cultural de Cesantes para explicar a súa postura en contra do anteproxecto de Lei  de Acuicultura elaborado pola Xunta de Galicia. Un anteproxecto que provocou o rexeitamento de todo o sector que entende suporá unha ameaza para a continuidade da explotación do mar dun xeito tradicional ao dar entrada ás grandes empresas de acuicultura.

Diferentes confrarías de toda Galicia xa manifestaron o seu rexeitamento a unha lei que segundo denuncian só deixará paro e contaminación, ao empregar estas empresas fármacos e pensos artificiais que adoitan empregarse nas granxas de cría de determinadas especies acuícolas. Tense denunciado tamén que a lei que promove a Consellería do mar está feita ao ditado dos lobbys de acuicultura e o seu obxectivo é privatizar o mar.
Mentres dende a Consellería a súa responsable Rosa Quintana defende o anteproxecto que segundo o gobernó galego garantirá a creación de máis riqueza en Galicia.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará