Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

En Marea, primeira forza en Redondela

RR_Noticias

PP e PSOE sofren unha importante baixada no número de votantes, situándose en segundo e terceiro lugar con 5.280 votos os populares e 4.342 os socialistas. Nós Candidatura galega queda relegada a quinta forza con tan só 758 votos, cifra que practicamente é duplicada por Ciudadanos que logrou 1.282 apoios. Como forzas residuais reciben tamén votos nas mesas de Redondela outras formacións como Pacma (172), UPyD (113) ou Recortes Cero-Grupo Verde (55).

A coalición En Marea arrasa en Redondela. Do mesmo xeito que en toda a bisbarra ou mesmo no concello de Vigo, esta formación na que se integran Podemos, Anova e Esquerda Unida logrou onte superar con moito a calquera dos seus rivais. Nunha xornada na que se incrementou en catro puntos a participación xa que votou practicamente o 76% do electorado (hai catro anos foi o 72%), En Marea logrou 6.148 votos seguidos a distancia por PP con 5.280. Os populares serían a segunda forza pero sofren unha importante desfeita respecto do 2011 ao perder 1.500 votos. Practicamente os mesmos son os que perden os socialistas que logran manterse como terceira forza con 4.342 votos.
Os peor parados serían os nacionalistas. A formación Nós Candidatura galega obtivo tan só 758 votos, moi afastada dos 2099 que acadaran hai catro anos e tamén dos 1.176 que obtiveran nas eleccións municipais do pasado mes de maio.
Ciudadanos, malia non contar con ningún tipo de estrutura en Redondela consegue 1.282 votos. O partido de Albert Rivera situase neste ranking en cuarto lugar relegando ao BNG ao quinto lugar.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará