Un gol de Silva a tan só catro minutos do comezo deulle o triunfo aos redondeláns no campo do Rápido de Bouzas. Os de Marcos Montes xa son terceiros. Pleno tamén na Segunda autonómica con vitorias do Choco B e Chapela.
Terceira División
Rápido de Bouzas 0-1 Choco
Un único gol e tres puntos que serven aos de Montes para regresar ás posicións de promoción de ascenso. Cuarta vitoria consecutiva do equipo redondelán, que cunha defensa moi ordenada soubo aguantar os ataques dos vigueses. O solitario gol chegou cedo ao marcador. No cuarto minuto de partido, Comis meteu un pase entre o porteiro e a defensa, Silva rematou e superou ao porteiro local Álex. O tanto rompeu o esquema previsto ao comezo do encontro, pois os redondeláns tiñan o traballo feito e só precisaban aguantar as acometidas dos vigueses, obrigados á remontada. O Rápido de Bouzas tivo o esférico a partir dese instante. Tralo descanso chegou o segundo cartón amarelo a Comis, que deixou en inferioridade ó seu equipo. Con case corenta minutos por xogar, o Rápido de Bouzas pasou a ter a posesión e chegou unha e outra vez ó area rival. Non obstante, careceu de acerto e a defensa de Redondela tivo a capacidade para atallar todo o ataque da formación viguesa. Deste xeito, chegouse ós últimos minutos co Rápido no área de Cortegoso e o equipo visitante tivo a súa gran ocasión para facer o segundo gol. Álex detivo o remate de Hugo e o partido finalizou coa vitoria do Choco. O equipo de Redondela é terceiro, chega ao Nadal en promoción de ascenso. Unha posición que defenderá cando regrese a competición, o 3 de xaneiro, ante o Silva.
Rápido de Bouzas: Álex, Pablo, Cotilla, Martín, David Portas, Yago Pérez (Carlos, min. 63), Youssef (Antón, min. 57), Iago Paz, Manu Justo, Oki (Ross, min. 78), Marcos.
Choco: Cortegoso, Cristian, Molinos, Yago Vázquez, Gándara, Alberto Suárez, Comis, Fernando (Rober, min. 78), Silva (Óscar Pérez, min. 65), Hugo Sanmartín, Félix (Fernán, min. 69).
Gol: 0-1, min. 4: Diego Silva.
Árbitro: Rubén Extremadura. Expulsou por dobre amonestación a Comis (min. 51). Amosou cartón amarelo a Yago Pérez, Iago Paz e Antón polo Rápido de Bouzas e a Molinos, Gándara, Alberto Suárez, Silva e Fernán polo Choco.
Incidencias: Partido correspondente á décimo oitava xornada en Terceira División disputado no Baltasar Pujales de Bouzas ante uns 200 espectadores
Segunda Autonómica
Miño 1-8 Choco B
Gran goleada do filial do Choco na Guarda. Dous goles de Eloy, outros dous de Iván e os catro restantes obra de Suma, Héctor, Manu e Carlos, foron os que lle deron o triunfo aos redondeláns. Tres puntos que lles permiten seguir soñando co ascenso. A competición volverá o 10 de xaneiro, ante o Vilariño.
Lavadores 1-2 Chapela
Gran remontada do Chapela ante un rival moi complicado. Malia comezar perdendo os redondeláns déronlle a volta ao marcador ao anotar o empate cun gol ao borde do descanso e outro na reanudación. O Chapela é agora 6º, medirase á volta da competición ante A Guía, terceiro.
Terceira Autonómica
Derrota dos tres equipos locais nesta categoría:
Cesantes 1-2 Sampaio
Beretes Chapela 0-6 Sampaio
Caselas 2-1 At. Vilar