Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Balonmán Chapela celebra o IV Torneo de Nadal e cualifica de “notable” a temporada

RR_Noticias

Equipos femininos e masculinos de categorías benxamín, alevín e infantil compiten ata mañá no Pavillón Municipal de Chapela no Memorial Gerardo Méndez, coa participación dos clubs Chapela, Sar, Cangas e Carballal.

O presidente do club de Chapela, Manuel González Soto, salienta que se trata dun torneo “de confraternidade” onde o de menos é o resultado. O importante para o club é lembrar unha figura como a de Gerardo Méndez, tan vencellado ao club e ao balonmán galego en xeral. Nestas vacacións de Nadal os rapaces comparten con este torneo a súa afección ao balonmán “e fan amigos”. Por outra banda o presidente fai un balance positivo do que vai de liga na Primeira Nacional, onde o Construcións Castro Chapela ocupa a segunda praza, en postos de promoción de ascenso. Soto lamenta os puntos perdidos ante rivais “asequibles”, malia que tamén destaca que conseguiron gañar aos equipos máis fortes da liga. Á volta do descanso de Nadal disputarán o derbi coa SAR, un partido que será “difícil” pola motivación engadida que este tipo de encontros implican.  

Manuel González Soto presidente
Un torneo de confraternidade onde os rapaces fan amigos
Balance positivo
Soto fai un balance positivo do que vai de liga

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará