Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Colectivos culturais lembran cunha placa a antiga escola de “Marchabén” en Reboreda

RR_Noticias

O acto terá lugar o vindeiro sábado ás 12:00 do mediodía e consistirá na colocación dunha placa na Antiga escola pública de Santa Paio de Abaixo en memoria e recoñecemento do profesorado e alumnos deste colexio ao cumprírense 90 anos da súa creación. O acto estará presidido polo profesor, escritor e académico da Real Academia Galega, Victor Freixanes.

Con esta actividade os colectivos de Reboreda, a Sociedade Labrego Cultural, a Asociación Alén Nós, o Colexio Público e a propia Concellería de Cultura queren recoñecer o importante labor educativo desenvolto dende os muros deste inmoble que hai 90 anos convertíase na primeira escola da parroquia. Segundo explica dende Alén Nós, Andrés Laxe “nesta casa, alugada polo Concello no seu día a don Severiano Bastos “O Marchabén”, un personaxe singular e home de moitos oficios, entre eles, o de carreteiro e muiñeiro, estivo a primeira escola pública masculina de Reboreda (Redondela), desde 1925 ata 1965, ano no que se estreou o actual grupo escolar”.
Ademais do escritor Victor Freixanes estarán presentes en nome do concello o alcalde Javier Bas e o concelleiro de cultura, Xabier Alonso. Ao remate do acto terá lugar un xantar no Bar Alvedosa ao que poden asistir todos os que estean interesados e se anoten previamente.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará