O partido está enmarcado dentro das actividades que o club organiza un ano mais nestas datas de Nadal e no que participarán todas as súas categorías: benxamín mixto, alevín mixto, infantil feminino e masculino, cadete feminino e masculino, xuvenil masculino e feminino. Un torneo que arranca hoxe luns e que se prolongará ata o mércores cun broche de ouro ás 21:30 hroas, cando se enfronten os dous equipos que militan a División de Honra Prata Feminina, Sar Rodavigo e Rodosa Chapela.
O torneo está organizado por todos os adestradores do club baixo a dirección de Carlos Rei e Bernardo Cobián. Os clubs convidados nesta ocasión foron A.D. Carballal, Bm. Chapela, Bm. Cisne. Os encontros disputaranse nos pavillóns de Redondela.
Hoxe ás 20:00 horas o equipo de Primeira Nacional, s Sar Plastic Omnium medirase ao Bm. Cisne que milita en división de honra Prata masculina.
O martes día 29 a que fora xogadora de balonmán Begoña Fernandez terá un encontro con todos os nenos da base do Sar a partir do sete da tarde
O mércores día 30 a partir das 12:30 do mediodía o famoso humorista e xogador do club David Amor tamén terá un encontro con todos os nenos da base. E como peche de torneo disputarase ao nove e media da noite o encontro entre os dous equipos que militan en División Honra Prata Feminina Sar Rodavigo e Rodosa Bm. Chapela.