Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O comercio local premia aos seus clientes con soldos por seis meses e premios en metálico

RR_Noticias

  Obradoiros e entretemento para os máis pequenos ademais de premios para os clientes, centran a Campaña de Nadal da Asociación de Empresarios na que participan douscentos establecementos e coa que pretenden relanzar unhas vendas marcadas polo estancamento no consumo local.

Fidelizar ao cliente e promocionar o comercio local son o obxectivo desta campaña que está desenvolver a Asociación de Empresarios en colaboración co Concello de Redondela e que inclúe actividades para os nenos. Na Praza da Casa da Torre e na Alameda de Redondela, está situada a “Carpa do Nadal” onde os rapaces realizan actividades e obradoiros relacionados con estas datas dentro dun programa lúdico-didáctico que procura facilitarlle aos pais que realicen as súas compras mentres os cativos quedan ao cargo de monitores. A “Carpa do Nadal” permanecerá aberta en horario de 18.00 a 20.00 horas até o tres de xaneiro. Nas Alamedas de Redondela e Chapela tamén está instalado un espazo de atraccións para os cativos que contan con descontos para os clientes do comercio local. Un programa dirixido aos nenos que se completa esta fin de semana coa celebración do “O Nadal d@s nen@” o sábado, 2 de xaneiro, no Pavillón de Redondela e o domingo en Chapela en horario de 11.00 a 14.00 horas e pola tarde dende as 17.00 ás 21.00 horas “Mercar en Redondela e Chapela ten premio” Douscentos establecementos participan na campaña “Mercar en Redondela e Chapela ten premio” coa que o comercio local pretende relanzar unhas vendas que este Nadal están estancadas segundo apuntan dende a Asociación de Empresarios. Os clientes dos comercios de Redondela poderán optar a tres premios. Tres salarios durante seis meses de trescentos, douscentos e cen euros para o primeiro, segundo e terceiro premio. No caso do comercio de Chapela o primeiro premio consistirá en 500 euros para gastar nos establecementos adheridos e unha fin de semana no balneario Oca Augas Santas. O Segundo e terceiro premiado recibirán trescentos e douscentos euros, respectivamente.

Julia Alonso Asociación Empresarios
Actividades dirixidas aos nenos
Mercar en Redondela e Chapela ten premio
Soldos por seis meses e premios en metálico na campaña "Mercar en Redondela e Chapela ten premio"

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará