Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Federico Pérez será o primeiro protagonista da cuarta edición do festival de monólogos Lareta

RR_Noticias

O sábado comeza o festival de monólogos que celebra o Servizo de Normalización Lingüística. O primeiro en subir a escena será Federico Pérez, coñecido pola súa traxectoria en televisión con personaxes como Moncho, o de Era Visto! ou por Josito, de Padre Casares.

O éxito das edicións anteriores anima aos organizadores a repetir un ano máis a celebración do festival Lareta, no que intérpretes de diferentes estilos ofrecerán un espectáculo onde a palabra é a protagonista. O obxectivo deste festival é, coma sempre: laretar, falar sen control e sen medida, dándolle o protagonismo absoluto á palabra en lingua galega. O Lareta 2016 celebrarase os sábados 9, 23 e 30 de xaneiro, ás 20.00 horas. O primeiro en subir a escena será Federico Pérez, moi coñecido pola súa traxectoria en televisión con personaxes como Moncho, o de Era Visto! ou por Josito, de Padre Casares. Interpretará o monólogo “Está neste mundo… porque tiña que haber de todo”. Logo será a quenda de Paula Carballeira, o día 23, con “Os contos que non che contaron”. A última actuación será a do trío formado por Pedro Brandariz, Isabel Risco e Fran Rei con “Falar sen cancelas”, o día 20.
O prezo da entrada xeral é de 5 € e da reducida 3 € (para persoas desempregadas, xubiladas e estudantes. A programación é recomendada para maiores de 16 anos e o comezo das funcións é ás 20.00 horas no Auditorio da Xunqueira. A venda de entradas anticipadas farase dende dous días antes a cada función no multiúsos da Xunqueira, e dúas horas antes ao comezo do espectáculo na propia billeteira. O Servizo de Normalización Lingüística anima a toda a veciñanza redondelá a participar desta proposta que reivindica o uso oral da lingua propia de Galicia e a súa idoneidade para a transmisión cultural e o lecer.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará