Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Brasil, Portugal e Galicia fusiónanse na III Rede de Músicas Solteras

RR_Noticias

Seis concertos e seis propostas de música popular chegan a Redondela na terceira edición do festival Rede de Músicas Soltas que comezará o 16 de xaneiro con Davide Salgado e o seu novo disco “Lobos”. Unha edición que procura a difusión cultural nas parroquias e a aproximación cos artistas a través de charlas e obradoiros.

A música tradicional contemporánea chega a Redondela da man da terceira edición da Rede de Musicas  Soltas que nos propón seis concertos mensuais até xuño con artistas chegados de Brasil, Portugal e Galicia. Unha programación variada de territorios próximos lingüística e culturalmente que permitirá ao público ver no Auditorio do Multiusos da Xunqueira traballos orixinais que veñen de estrearse. O encargado de inaugurar este ciclo, que organiza o Concello de Redondela xunto aCentral Folque, será o marinense Davide  Salgado , que chegará en formato cuarteto para presentar o seu último disco “Lobos” no que a parte estética ten un papel protagonista. Unha das voces máis destacables da música popular galega na actualidade que traballa na recuperación do noso folclore, onde tamén enmarcan o seu labor a agrupación de pandereteiras Lagharteiras que subirán ao escenario o 19 de marzo con roupa de faena. As pandereteiras e cantareiras de Redondela, Mos e Vigo prometen sorpresas e unha mostra desa recollida de campo que realizan por toda Galicia. A música brasileira terá representación neste ciclo co trío de Minas Gerais, Coladera, que pasarán por Redondela o 20 de febreiro. O 16 de abril é a quenda de Toques do Caramulo (Portugal), o 14 de maio Puntada sen Fío (Galicia) e o 18 de xuño pecha o ciclo Javier Marcos Quinteto que presentará o seu primeiro disco “Ten Dez”. Co obxectivo de difundir o traballo que realizan os artistas e a música tradicional este ano o festival conta cunha programación paralela que consistirá na realización de charlas e obradoiros por parte dos músicos o mesmo día da súa actuación nas parroquias e no centro da vila. Deste xeito trátase de visibiliar o traballo destes artistas que moitas veces non ten a difusión que deberá como recoñecía Olga Nogueira de aCentral Folque Precisamente para favorecer ese traballo de difusión os menores de dez anos terán a entrada de balde e para os menores de 25 e desempregados haberá un billete reducido de dous euros, cinco para o público en xeral. Os billetes poden mercarse media hora antes do concerto no Multiusos da Xunquiera ou reservarse o xoves previo no propio Multiusos.

Olga Nogueira aCentral Folque
Olga Nogueira fálanos dos seis grupos que pasarán por redondela até o mes de xuño
Xabier Alonso concelleiro de Cultura
O edil destaca a conexión cultural e lingüística das agrupacións
Davide Salgado
Fálanos do seu concerto no que presentará "Lobos" o seu último disco
Marta Lagharteiras
As pandereteiras e cantareiras prometen sorpresas para o 19 de marzo
Charlas e obradoiros
Como novidade haberá charlas e obradoiros cos artistas o mesmo día do concerto

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará