A Asociación de Amigos das Bibliotecas de Redondela organiza este venres a súa primeria actividade do ano baixo o título Tirando a dar!! De caza con Juanito Osuna. Unha cita aberta a todo o público que queira achegarse o vindeiro día 15 ás 20:30 horas na Casa da Cultura e na que estará presente o veterinario e cazador Iñaki de Miguel.
É a caza unha práctica ecolóxica ou unha crueldade?, ¿pode considerarse un deporte?, ¿achéganos á natureza ou afástanos dela? Para encontrar respostas a todas esas controvertidas cuestións, revisarase a relación entre caza e literatura segundo Miguel Delibes, tendo como referencia o seu conto “El amor propio de Juanito Osuna” que poden recoller na Biblioteca Municipal de Redondela ou solicitalo no correo electrónico da asociación amigosbibliotecasredondela@gmail.com todos aqueles que desexen participar no debate.
Un debate que se desenvolverá este venres ás 20:30 horas na Casada Cultura e que contará ademais coa presenza do veterinario e cazador Iñaki de Miguel.