Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Medio Ambiente dá por pechada a campaña de desratización

RR_Noticias

A extraordinaria situación meteorolóxica do pasado outono con escasas precipitacións e temperaturas elevadas fixo que proliferasen os roedores no centro do casco urbano. Para atallar esta situación dende a Concellería puxéronse en marcha campañas especiais de desratización. A colocacións dos cebos por parte de empresas especializadas e a chegada das chuvias dan por resolto o problema. O edil responsable deste departamento, Miguel Angel Alvarez Ballesteros lembra tamén que dende Redondela se está a tramitar a retirada dos niños de avespa asiática que se detectan no municipio.

Habitualmente as campañas de desratizacións cesan coa chegadas das chuvias e o inicio do outono. Sen embargo, a particular situación meteorolóxica vivida este ano, cun outono seco e temperaturas altas, fixo que proliferasen en maior medida o número de roedores. Os primeiros avisos chegaron xa en outubro e a partir desa data puxéronse en marcha novas campañas de desratización encamiñadas a corrixir o problema. A colocacións dos cebos así como un tempo especialmente chuvioso no inicio deste ano fan pensar que a situación está controlada. Máis complexo está a ser o control dos niños de avespa asiática. Unha praga que se está a espallar por toda Galicia e que en Redondela deixou máis de vinte avisos en dependencias municipais, Malia non encargarse a Concellería directamente da súa retirada, si xestionan ante a Xunta a súa eliminación “nalgúns casos moi complicada debido aos lugares de difícil acceso nos que esta especie adoita construír os seus niños”. Alvarez Ballesteros lembra que non se trata dunha especia especialmente perigosa para os humanos pero que si ten consecuencias no medio ambiente ao exterminar ás abellas. Ademais advirte do perigo de confundir os exemplares asiáticos coa avespa autóctona “que está a ser o seu único depredador natural”.  

Miguel Alvarez Ballesteros edil de medio ambiente
Campañas extraordinarias de desratización
Cebos e chuvia
Facilitaron a eliminación dos roedores
Avespa asiática
Máis de vinte avisos en Redondela
Información en Medio Ambiente
Non confundir coa autóctona

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará