Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O C.R. Chapela disputará este ano a Liga Galega A

RR_Noticias

A liga Galega de Traiñeiras terá este ano a maior participación da súa historia, cun total de vinte embarcacións en liza entre as dúas divisións: A e B. A decisión da Federación de ampliar a 12 o número de traiñeiras na liga A permitirá aos redondeláns militar na máxima categoría do remo galego. Cesantes continuará na Liga Galega B.

O prazo de inscrición dos clubs de remo para a competición do próximo verán pechouse o pasado domingo e ante os numerosos equipos que se presentaron a esta edición, a organización decidiu aumentar a liga A a doce participantes, mentres que a B seguirán con oito. Desta maneira, a embarcación de Bueu, que o ano pasado selou o seu descenso á liga B, continuará na máxima categoría autonómica, o mesmo que Chapela, Castropol e Mecos, que a pasada tempada militaron na segunda categoría. Tamén participará na liga A a embarcación de Samertolameu, despois de certificar o seu descenso da liga ACT ao final da campaña anterior. Xunto a estes cinco barcos estarán, así mesmo, Amegrove, Mugardos, Ares, Coruxo, Vilaxoán, Perillo e Poboa A. Tanto Poboa como Cabo de Cruz, que o próximo verán disputará de novo a liga ACT, inscribiron tamén equipos filiais na liga Galega de Traiñeiras, ambos na segunda categoría. Un total de oito embarcacións competirán a partir do próximo mes de xuño na liga B: Rianxo, Cesantes, Vila de Cangas, Mera, Poboa B, Cabo B, Narón e A Cabana.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará