Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Concentración contra a violencia de xénero na Praza do Concello

RR_Noticias

O Concello de Redondela mostra a súa repulsa polo caso de violencia de xénero acontecido en Narón así como a súa solidariedade coa familia e amigos de Caridad Pérez, a muller asasinada o pasado 29 de decembro e cuxo compañeiro foi detido como presunto responsable da súa morte. Co gallo de condear este acto violento celebran hoxe ás doce do mediodía unha concentración diante do edificio do concello ao que convidan a toda a cidadanía.

Na súa loita contra a violencia de xénero, o Concello de Redondela aprobou unha moción, asinada por todos os partidos políticos que conforman a Corporación, co fin de facer reflexionar á sociedade e tratar de visualizar este problema social que nos afecta a todas e todos. Froito desta moción, colocouse un lazo violeta no balcón do Concello, na árbore Gingko Biloba e na páxina web do Concello. Ademais, procederase a unha concentración diante do edificio do Concello no día de mañá ás 12.00 horas, e gardarase un minuto de silencio no próximo pleno.
A violencia de xénero é un problema dunha índole que transcende xa do ámbito particular e estase a converter nunha auténtica crise social, na que todos os poderes públicos han de implicarse, ben para tratar de previr estes terribles sucesos, como para protexer e axudar a quen sofre violencia por ser muller.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará