Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O concello repartirá 9.000 euros en premios entre as comparsas que participen do Entroido

RR_Noticias

Unhas celebracións que este ano serán máis cedo do habitual, con actividades principalmente o domingo 7 e o martes 9 de febreiro. As comparsas recibirán axudas que oscilan entre os 300 e os 500 euros dependendo do número de compoñentes e poderán optar a algún dos premios que concede a Concellería de Cultura. O prazo de inscrición remata o 29 de xaneiro.

Este ano dende o Concello contan cun orzamento de 9.000 euros que se destinará a subvencionar e premiar as comparsas participantes. Así, as agrupacións formadas por máis de 80 compoñentes recibirán 500 euros, 400 percibirán as comparsas cuxo compoñentes sexan entre 56 e 80 persoas e con 300 euros se axudará a aquelas de entre 25 e 55 compoñentes.
Os premios oscilarán entre o 900 euros para a comparsa que quede en primeiro lugar e 600 e 300 para a segunda e terceira, respectivamente. Haberá ademais premios de menor contía para os grupos, parellas e mellor disfrace individual. O Xurado poderá deixar os premios desertos, así como conceder un premio de non mais de 800,00 €, a aquela comparsa que polas súas especiais características destaquen na exaltación da Festa do Entroido.
As comparsas deberán gardar unha unidade temática tanto no seu vestiario coma na súa actuación e en canto ás carrozas deberán ter unha altura máxima de 4,50 metros e un ancho máximo de 4,00 metros.
As comparsas que opten aos premios deberán inscribirse no rexistro xeral do Concello antes do 29 de xaneiro e para poder optar aos premios é imprescindible que as comparsas acompañen ao Entroido nos actos programados para o Domingo día 7 de febreiro, e que comezará coa concentración das comparsas as 17:00 horas no Campo da Feira, sendo ás 18:00 horas o inicio do desfile.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará