A Garda Civil detivo o pasado luns aos dous supostos autores dun roubo con forza nunha vivenda de Fornelos de Montes. Os asaltantes, un veciño de Redondela de 41 anos e outros de Soutomaior de 34, entraron na casa logo de romper unha fiestras e leváronse material electrónico e outros efectos.
Os feitos tiveron lugar o pasado día 15 cando o propietario desta vivenda denunciou que uns descoñecidos acudiron a súa casa despois de romper o vidro dunha fiestra. Os individuos leváronse varios efectos do seu interior como un televisor, unha minicadena de música e louza así como uns ferros que había na leira. Logo da investigación, os axentes da Garda Civil procederon o pasado luns á detención de RJ.M.G. de 41 anos de idade e con domicilio en Redondela e J.R.G. de 34 anos de idade e residente en Soutomaior.
Os detidos, que contan con numerosos antecedentes policiais, Terán que presentarse no xulgado de instrución número un de Redondela, onde foron entregadas as dilixencias instruídas.