Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Sar e Chapela, canteira do balonmán galego

RR_Noticias

Un 10% dos xogadores e xogadoras que se desprazaron dende Galicia a Almería para disputar o Campionato de España nas categorías de Infantil, cadete e xuvenil proceden das filas dos dous clubs de Redondela. Un dato que volve dar conta do bo estado de saúde do balonmán local, sobre todo nas categorías femininas. Na xornada de onte os responsables municipais recibían a xogadores e técnicos para recoñecer o seu esforzo.

“O balonmán non deixa de dar éxitos ao noso concello”, unhas palabras do concelleiro de deportes Julio Mougán coas que recibía os nove deportistas, mozos e mozas, que veñen de disputar en Almería o Campionato de España de balonmán logo de seren seleccionados para representar a Galicia na competición estatal. Carlos Rei, dende a SAR entende que é todo un éxito contar cunha representación tan elevada no Campionato de España pero non se da por satisfeito “hai que traballar para incrementar aínda máis ese número”. Precisamente a SAR é o club que achega máis xogadores, sobre todo mozas na categoría infantil feminina con Lucía Pérez Montero, as irmás Olalla e Alexia Penabella Seijas e Goretti Miguel Crespo. Tamén houbo presenza redondelá en infantil masculino con Martín Alfaya Rafael e en xuvenil feminina con Nerea Bouzón. O club de Chapela estivo presente neste campionato na infantil feminina con Paula Gómez Rodríguez e Carmen Castro Viaño sendo Iván Fernández Lago o representante de Chapela no equipo galego que competía en infantil masculino. Sara García e Carla Abab acudiron tamén a este campionato como técnicas das categoría infantís. O alcalde, Javier Bas salientaba que Redondela é unha potencia no ámbito deportivo, non só no balonmán, unha modalidade cunha gran tradición no noso concello, senón tamén noutras especialidades máis minoritarias como por exemplo o tiro con arco que ven de lograr tamén importantes éxitos deportivos. Uns éxitos que responden á implicación dos deportistas pero tamén a todos os que hai detrás (país, nais, adestradores…).  

Julio Mougán concelleiro de Deportes
O balonmán leva lonxe o nome de Redondela
Carlos Rey SAR
Un 10% dos seleccionados para representar a Galicia son de Redondela
Sara García técnica en categoría infantil
Dificultade á hora de facer a selección das mellores
Carla Abad técnica
Valora os resultados obtidos
Javier Bas alcalde
Redondela é unha potencia no ámbito deportivo

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará