Na categoría feminina da Honra Prata o Rodavigo SAR estivo ao nivel do Xixón, malia perder de catro goles, mentres que o Rodosa Chapela sufriu unha avultada derrota ante o líder, o BM Mavi.
Primeira Nacional
SAR Plastic Omnium-Bueu: aprazado
O partido entre o Sar Plastic Omnium e o Serviauto Bueu tivo que ser suspendido no minuto oito cun marcador de 3-4 favorable aos visitantes pola condensación da pista. A parella arbitral tomou a decisión logo da lesión do porteiro visitante David Lagoa. Nun lanzamento dun xogador local escorregou e lesionou a cadeira. O xogo tivo que deterse varios minutos e os colexiados optaron por suspender o partido. Na próxima xornada os de Carlos Rey xogan en terras coruñesas ante o OAR.
Construcións Castro Chapela 28-20 Porriño
Os de Teixeira manteñen a segunda praza, que da opcións a disputar a fase de ascenso, logo de impoñerse ao Porriño. Fixérono con máis traballo do esperado. O partido estivo moi igualado os primeiros quince minutos, logo os de Fran Teixeira foron ampliando a vantaxe que xa mantiveron até o final. Na próxima xornada viaxan a Vigo para xogar na pista do Lavadores.
División de Honra Prata Feminina
BM Mavi 32-11 Rodosa Chapela
As de Chapela teñen unha difícil saída a Asturias, con todo en contra. Xogaban na pista do líder intratable, o BM Mavi. Acudiron ademais con numerosas baixas, e cometeron moitos erros. O resultado foi unha avultada derrota. A próxima xornada reciben ao Seis do Nadal.
SAR Rodavigo 22-26 Xixón
As xogadoras de Chini tiveron opcións, e xogaron en igualdade de condicións ante o terceiro clasificado. As de Redondela dominaron até o minuto 40, pero a partires dese momento as asturianas déronlle a volta ao marcador e levaron a vitoria. Esta semana a SAR Rodavigo ten unha dobre cita, xa que xogará en Canarias o partido da xornada co Zonzamas, e tamén o aprazado co Lanzarote. Será os días 27 e 31.