A visita do Ordes permite aos de Marcos Montes volver sumar de tres en tres. Logo de encadear varios empates impuxéronse en Santa Mariña por 2-0. Na Segunda Autonómica empate dos dous equipos locais. O Choco B igualou a dous goles co Chaín e o Chapela a un gol co Pereiró.
Terceira División
Choco 2-0 Ordes
Ao Ordes valíalle o empata a cero, e impuxo o xogo lento, con perdas de tempo e algún balón en longo. Conseguiron o obxectivo ata o descanso, con empate sen goles. Marcos Montes optou por introducir a Hugo Sanmartín, que comezou no banco porque chegaba con algúns problemas físicos. O seu recambio foi o lateral Ronald. O Ordes no xeraba perigo e os redondeláns optaron por unha defensa con tres futbolistas. As cousas seguiron igual ata a expulsión por dobre cartón amarelo do xogador visitantes Javi Calvo. En superioridade numérica, Silva aproveitou unha das escasas opcións do Choco e superou a Mario Barreiro. O Ordes viuse entón obrigado a buscar a portería de Cortegoso, que case non tivo traballo. E chegou a segunda expulsión visitante e o segundo gol do equipo de Redondela. Ángel Cao abandonou o campo por dobre amoestación e catro minutos despois Hugo desbordou pola banda para lanzar a portería e anotar o 2-0. Vitoria do Choco, que aproveitou o tropezo do Rápido para ascender á cuarta posición igualado a puntos co terceiro, o Deportivo B. Na próxima fin de semana xoga en terras ourensás ante o Verín, equipo situado na metade baixa da táboa.
Segunda Autonómica
Choco B 2-2 Chaín
O filial do Choco perde dúas posicións logo do empate ante o líder, o intratable Chaín. Agora son quintos, na próxima xornada xogan no campo do Nieto, que é sexto.
Chapela 1-1 Pereiró
O Chapela non foi quen de pasar do empate ante o Pereiró, e ocupa a oitava praza. O domingo volve xogar na casa, recibe ao C.Vitoria, da metade baixa da táboa.
Terceira Autonómica
Cesantes 2-1 At. Estación
Os redondeláns superaron ao At. Estación, e intercambian os papeis na táboa, co Cesantes agora por diante. A próxima xornada visitan o campo do Santomé, dúas posicións por baixo dos redondeláns.
Peñasco – Beretes Chapela – aprazado
Próxima xornada Peña Beretes-Moledo.
San Juan 1-3 Atl Vilar
Os de Vilar impuxéronse sen problemas ao San Juan, e consolídanse na parta alta da táboa, onde ocupan a terceira praza. A próxima fin de semana reciben ao Alerta.