Os socialistas critican que dende hai 5 anos o goberno que preside Bas non teña feito nada para arranxar un problema que fai que Redondela careza dun servizo de emerxencias eficaz e dotado de persoal suficiente “xa que a nosa vila, só ten unha persoa por quenda e non se cobren os relevos por vacacións e baixas”. Asegura o PSOE que a solución podería chegar da man de Deputación de Pontevedra.
Neste sentido apuntan que os Presidentes da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, Lugo, A Coruña propuxeron á Xunta de Galicia estudar a xestión directa dos parques contra incendios e ampliar o mapa de emerxencias para acadar o 100% da cobertura. As tres deputacións van elaborar informes técnicos e xurídicos sobre os custos e a situación do persoal dos parques para avaliar con datos obxectivos a posibilidade de cambiar o modelo de xestión indirecta actual herdado a un modelo de xestión público.
Unha das primeiras medidas conxuntas das deputacións que responde, segundo asegura o PSOE, a que “os modelos anteriores populares obtiñan reparos dos interventores dos concellos” o que non permitía a súa aplicación. Poñen como exemplo que “a única opción presentada polo PP de Redondela foi en setembro de 2012, mediante un convenio piloto de atención de emerxencias coa deputación de Pontevedra que foi votado en contra por toda oposición (BNG, AER e PSOE) debido a que só cubría os tres meses de outubro a decembro. Ademais, Redondela tiña que poñer tódolos medios para os concellos colindantes e o persoal non tiña que pasar uns requisitos selectivos axeitados ao posto que tiñan que desenvolver”. Tamén, na xuntanza de voceiros e voceiras sobre o GES en 2013, o alcalde Javier Bas limitouse a informar para despois non levar ao pleno porque os técnicos do concello poñían reparos polo tipo de contratación e da maneira pouco clara de modelo que plantexeaba a Xunta de Galicia.