A exposición monográfica sobre Telmo Bernárdez Santomé (Redondela, 1885-1936), ilustre médico e político republicano designado como “Persoeiro do ano 2015” pódese visitar ata o vindeiro 29 de febreiro no Multiúsos do Piñeiral en Chapela.
A mostra reúne obxectos persoais de Bernárdez, entre os que se atopan as cartas que escribiu dende o cárcere a súa familia logo de coñecer a súa sentencia de morte, o telegrama do seu fusilamento ou a orde de embargo da súa casa así como outra documentación oficial da época. Tamén integran esta exposición fotografías, retratos e recortes de prensa sobre a súa persoa. A exposición chega a Chapela logo de permanecer durante semanas no Multiúsos da Xunqueira. Poderá visitarse ata o 29 de febreiro.