Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Campito non se despega do líder

RR_Noticias

Nova vitoria para os de Chapela que venceron 4-1 ao Leis Marcón. Vitoria tamén para o Redondela 8-1 ante o Tui Futsal. Peor sorte correron os xogadores do Arealonga, equipo que xogaba fora da casa e que caía por 6-5 ante o Baíña.

O Cereixa Gondomar segue a ser o líder na autonómica sur de fútbol sala, pero cun Campito que se mantén como firme candidato a ocupar este posto a tan só un punto de distancia. Un equipo que esta fin de semana vencía 4-1 a un rival que xa sobre o papel parecía doado de superar ao tratarse do pechacancelas do grupo, o Leis Marcón. Un partido disputado no pavillón de Chapela e que remataba co resultado de 4-1. Na próxima cita disputan un partido de máxima rivalidade xa que o Campito xogará co terceiro da categoría, o Lume Bamboo nun partido que se disputará no CUVI.
Avultada vitoria tamén para o Redondela quen logrou unha importante vitoria ante un dos equipos fortes da categoría, o Tui Futsal. Partido disputado no pavillón novo que deixaba un marcador de 8-1 a favor dos locais. O Redondela xogará na vindeira semana contra A Quinta de Tui.
Pola súa banda o Arealonga visitaba Baiona e non logrou facerse con ningún punto ao caer por 6-5 ante o Baíña. O seu próximo rival será o Tui nun partido que se xogará no pavillón de Chapela.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará