Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A colocación do Meco marca o inicio do entroido

RR_Noticias

Un meco que quere manifestar o seu rexeitamento ao maltrato animal e que loce xa dende onte ás portas da casa consistorial. A súa vida será breve, xa que na tarde do martes arderá pasto das lapas nun espectáculo que partirá ás 19:30 horas dende Vilavella e rematará no Concello. Con todo, as actividades da fin de semana estarán centradas no desfile do domingo no que participarán, se o tempo o permite, máis de mil persoas e un total de 18 comparsas. Un desfile que sairá ás 18:00 horas dende o Campo da Feira.

Por outra banda está aberto o prazo de inscrición para as comparsas que estean interesadas en desfilar o vindeiro sábado 13 de febreiro dentro dos actos programados co gallo do enterro do berete. A comitiva partirá ás 18:00 horas no Alto da Encarnación en Chapela, sendo ás 19:00 horas o inicio do desfile. As agrupacións participantes teñen de prazo para se inscribir ata o vindeiro mércores 10 de febreiro e deben facelo no rexistro do concello ou na oficina que se atopa nos baixos do pavillón de Chapela. O concello destina un total de 3.000 euros para colaborar na elaboración destas comparsas que recibirán entre 400 e 100 euros dependendo do número de participantes e dos elementos cos que se acompañen.  

Jesús Crespo concelleiro
Un meco que representa o maltrato

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará