Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

As obras na rotonda de Cedeira complican o acceso á parroquia

RR_Noticias

Os condutores que se dirixen cara o barrio do Cruceiro en Cedeira téñeno máis complicado se cabe dende hai uns días. As obras de construción da rotonda de Mercadona leva semanas provocando incomodidades aos condutores pero a situación complicouse notablemente nas últimas xornadas logo de que se pechara a mediana. Isto fai que os vehículos que se desprazan pola N-552 dende Redondela non poidan facer o xiro que lles permitía subir a esta parroquia.

As obras na N-552 para a dotación dunha glorieta que regule o tráfico de acceso a Cedeira e do futuro Mercadona continúan o seu ritmo cun novo cambio que impide aos vehículos procedentes de Redondela facer o xiro que lles permitía subir pola estrada do Cruceiro. Nos últimos meses, os dos carrís da estrada estaban pegados cun desvío, pero agora están separados por unha mediana e a distinta altura.
Con este novo cambio, os condutores que queiran acceder a parroquia teñen que buscar vías alternativas que os obrigan a dar un rodeo.
Unha rotonda que ten como misión regular no futuro ese acceso para facer máis fluída a circulación pero que, dende o seu inicio, está a supoñer moitas incomodidades para os seus usuarios. De feito a Agrupación de electores de Redondela demandaba recentemente que se mellorase a seguridade viaria na zona.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará