Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Cedeira, Reboreda, Saxamonde e o Centro recreativo completan a oferta festiva do Entroido

RR_Noticias

A nova directiva do Centro Recreativo e Cultural de Redondela programa neste carnaval un intenso programa de actividades que inclúe unha comida no martes de entroido e o tradicional cea baile na noite do sábado. Tamén propoñen un concurso de disfraces para animar aos asistentes a que acudan disfrazados. Reboreda, Cedeira e Saxamonde propoñen tamén celebracións propias nas súas parroquias para esta fin de semana.

Centro Recreativo de Redondela O vindeiro sábado día 6 celebran unha cea baile amenizada polo Dj Moncho Pescata. Os asistentes deberán abonar 22 euros no caso de seren socios do Centro, 32 euros é o prezo para os non socios. Se prefiren asistir soamente ao baile posterior os socios terán entrada de balde mentres que os non socios deberán pagar 10 euros, tendo as parellas unha rebaixa que lles permitirá participar por 15 euros. O martes celebrarase no salón do centro un xantar que arrancará ás dúas da tarde e que contará con premios para nenos e adultos aos mellores disfraces. Haberá tamén un baile a partir das 17:30 horas. Para asistir tanto a comida como a cea é rpeciso inscribirse no teléfono 986400256.   Reboreda A Asociación labrego cultural de Reboreda celebra este venres ás 17:00 horas unha festa infantil de entroido na que non faltará a diversión, a música e un concurso de disfraces con premios para os tres mellores clasificados.   Cedeira O centro cultural de Cedeira celebra este sábado a partir da medianoite unha festa de entroido coa actuación do grupo musical Amigos do ritmo. De madrugada a directiva fará un sorteo entro e todos os asistentes entre os que se repartirá produtos gastronómicos de tempada como cachuchas, lacóns e chourizos. Previamente ao baile celebrarase unha laconada que ten xa o aforo completo O vindeiro domingo día 14 as actividades do entroido continúan coa celebración dun baile para os máis pequenos onde os disfrazados recibirán un obsequio pola súa participación.   Saxamonde O centro cultural chan das pipas celebra este sábado ás 17:30 horas diferentes actividades dirixidas aos nenos aos que se anima a acudiren disfrazados. Xa pola noite, a partir das 22:00 horas comezará unha cena baile a base de lacón con grelos e sobremesas tradicionais deste tempo. É precisa inscrición previa na cafetería do centro cultural.  

Daniel Virulegio presidente Centro
Ceas bailes e comidas para animar o entroido

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará