Os meses pasan e as demandas seguen a ser as mesmas. Membros da Asociación de Afectados pola Ampliación da Autoestrada en Chapela volven saír á rúa para amosar o seu rexeitamento ás obras da AP-9 e esixir do Ministerio de Fomento unha solución aos continuos problema que xeran os cortes de viais e o exceso de ruídos. Están convocados ademais a unha reunión o vindeiro 29 de febreiro para coñecer a oferta que Fomento lles fai aos propietarios cuxas vivendas están afectadas polas obras.
As concentracións retomábanse onte ás once da mañá na Fonte da Fraga. O obxecto destas protestas e manter a presión sobre Fomento e Audasa para que “non se esquezan as nosas demandas que pasan porque se repoñan os servizos nos tramos que están afectados polas obra e que se solucione o tema das expropiación de vivendas aínda por resolver” segundo explica dende a Asociación Rafael Baltasar. Neste sentido Fomento ven de emprazalos a unha reunión o vindeiro 29 de febreiro no Concello para coñecer que oferta se lles fai aos propietarios das vivendas afectadas. Por outra banda, están xa a traballar coa gabinete de arquitectos vigués COG, contratado polo concello e encargado de asesorar a asociación sobre as distintas actuación para mellorar os accesos e os viais na contorna da autoestrada. Os técnicos da empresa visitaron xa o lugar para coñecer sobre o terreo as principais demandas dos veciños e así poder defendelas tecnicamente ante o Ministerios e ante os propios técnicos de Audasa.