Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Xabier Alonso “Non se busca poñer trabas, búscase garantir a seguridade en calquera tipo de evento”

RR_Noticias

Asociacións, comisións de festas, colectivos culturais ou calquera que organice un actividade recreativa ou espectáculo ten que cumprir “unha complexa normativa que regula este tipo de eventos”. Conscientes de que moitas veces estas normas non se cumpren por descoñecemento, dende o Concello van desenvolver un ciclo de charlas que lles servirá aos organizadores de calquera tipo de evento para se aproximar á parte técnica da cultura. A primeira cita hoxe xoves ás 20:00 horas na Casa da Cultura cunha xornada formativa sobre seguridade.

Esta primeira charla servirá para que todas as persoas que están na organización de eventos que saen de espazos que xa contan con licenza coñezan a regulación existente. Unha normativa “complexa e difícil de cumprir” en palabras do edil de Cultura, Xabier Alonso, quen entende que é deber da administración trasladar aos organizadores cal é dita normativa e como hai que actuar para garantir a seguridade do público. Engade o edil que “en ningún caos búscase poñer atrancos para que se organicen eventos, pero si asegurar que cando se fan conten con todas as medidas necesarias para garantir a seguridade do público e dos propios traballadores. Inclúe tamén o caso dos eventos gastronómicos con varias citas en Redondela “onde é necesario que se respecten as garantías sanitarias para evitar que os comensais poidan acabar cunha intoxicacións ou algo peor”.   Uns eventos en cuxa organización hai colectivos ou mesmo comisións formadas por xente que non é profesional “nin ten que selo” e que ten moitas dúbidas ou directamente descoñece cal é a lei. Con todo, afirma o edil que “en xeral a xente quere cumprir pero non sabe como”. Explica Alonso que os requisitos que se esixen a cada tipo de evento son diversos en base a unha serie de condicionantes e pon como exemplo que “as actividades que reúnen máis de dúas mil persoas deben presentar un plan de autoprotección, algo que non sería necesario para actividades que congreguen un número menor de persoas” De todas estas singularidades falarase esta tarde nunha charla na que participarán o Director Xeral da Federación Galega de Municipios e Provincias, José Manuel Chapela Seijo, que falará de cuestións prácticas na aplicación da Lei galega 9/2013, que regula os espectáculos e actividades recreativas. O segundo convidado é Xosé Manuel Blanco, presidente da Asociación Galega de Empresas Musicais, un dos profesionais galegos máis versados na aplicación da normativa que afecta a espectáculos e a resolución dos problemas derivados. O edil de Cultura insiste no importante desta actividades xa que “as consecuencias de non respectar a normativa poden ser moi graves porque “pode chegara operar o dereito penal” e convida a todos os colectivos e entidades culturais e deportivas de Redondela que organicen espectáculos, como concertos e festivais, ou calquera tipo de actividade deportiva, recreativa ou socio cultural a asistir ao encontro que quere ser o primeiro dun programa máis amplo que se desenvolverá en semanas posteriores.  

Xabier Alonso concelleiro de Cultura
O edil explica os obxectivos destas xornadas
Informar e asesorar
Forma parte tamén da responsabilidade da administración
Responsabilidade dos organizadores
En xeral os que están detrás de claquera evento queren cumprir coa lexislación
Consecuencias
Pode ter incluso consecuencias penais

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará