Hoxe é Mércores 30 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Construcións Castro BM. Chapela busca afianzar o liderado ante o BM. Lalín

RR_Noticias

O equipo de Fran Teixeira, que encabeza a Primeira Nacional, busca consolidar ese liderado esta fin de semana no pavillón municipal de Chapela ante o Lalín, outro dos equipos que aspira as prazas da fase de ascenso. O técnico confía nun resultado positivo ante a súa afección.

Os lalinenses, que agora ocupan a cuarta praza, son un equipo forte, polo que os de Chapela deberán estar ao cen por cen para seguir sumando. O Castro Chapela, logo de 19 xornadas, suma 17 vitorias, un empate e unha derrota. Un balance moi positivo que lles permite liderar o grupo e ocupar unha das dúas prazas que dan billete para a fase de ascenso á División de Honra B, á que aspira o club. Teixeira amósase moi satisfeito co traballo e o rendemento do equipo, que malia ter sufrido importantes baixas por lesións, soubo recompoñerse coa axuda de xogadores máis novos da canteira. O técnico valora moito o compromiso dos deportistas, xa que se trata dunha longa temporada con 30 xornadas, e resulta preciso poder contar con todos para acadar o obxectivo. Para o partido do sábado confía en contar tamén co apoio fundamental dos seus seareiros, que supoñen un gran revulsivo para o club. A cita ás 18.30 horas no pavillón municipal de Chapela.  

Fran Teixeira adestrador
O club aspira un ano máis a participar na fase de ascenso a División de Honra B.
BM. Chapela-BM. Lalín
Teixeira agarda a un rival duro en Chapela.
Remuda na canteira
O técnico valora o bo traballo de xogadores novos da canteira que suplen as baixas que se dan no primeiro equipo.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará