A Biblioteca de Chapela celebra o primeiro contacontos do ano este ventes 19 a partir das 18:30 horas coa ilustradora, contacontos e animadora Marisa Irimia. A actividade leva por nome Contando con Rosalía e está recomendada a nenos de entre 4 e 11 anos de idade.
Sesión de contacontos na Biblioteca de Chapela a cargo de Marisa Irimia co seu espectáculo “Contando con Rosalía”, un xeito diferente de achegar aos máis novos á ilustre poeta galega cando se cumpre o aniversario do seu nacemento. Rosalía sérvelle a irimia de fío condutor para narrar unha serie de contos, historias e poemas elaborados especificamente para un público infantil con idades comprendidas entre os 4 e os 11 anos. A actividade terá lugar este venres ás 18:30 horas na Biblioteca de Chapela con entrada libre ata completar o aforo.