Hoxe é Mércores 30 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Aprazado o derbi entre Campito e Redondela por problemas de horarios

RR_Noticias

Un pavillón de Chapela cun apertado calendario de partidos non deixaba moitas opcións aos dous equipos de Redondela para disputar o derbi local que estaba previsto se xogara este pasado sábado. Finalmente decidiron aprazar o encontro, que previsiblemente disputarase o martes 15 de marzo. Unha autonómica sur que nos deixa polo tanto un único resultado, a derrota do Arealonga na súa visita a Mos.

Claramente superiores amosáronse os xogadores do Alonso&Serodio no partido disputado no pavillón de Mos e que rematou co resultado de 7-3 a favor dos locais. Logo desta derrota, o Arealonga FS deberá afrontar na vindeira semana unha cita difícil, reciben ao líder da categoría, o Cereixa Gondomar.
E precisamente o Alonso&Seroido será o rival do Redondela na próxima fin de semana, un partido que se disputará no pavillón Novo.
Por último o Campito, que cun partido menos baixa á terceira posición da categoría, terá como rival ao Celado.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará